William Beebe
Charles William Beebe, nado o 29 de xullo de 1877 e finado o 4 de xuño de 1962, foi un naturalista, explorador e escritor estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Charles William Beebe 29 de xullo de 1877 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 4 de xuño de 1962 (84 anos) Arima |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura |
Ocupación | explorador , ictiólogo , ecoloxista , botánico , oceanógrafo , naturalista , conservador , entomólogo , ornitólogo , biólogo mariño , zoólogo , biólogo , escritor |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Participou en | |
11 de febreiro de 1925 | The Arcturus Oceanographic Expedition (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Blair Niles Elswyth Thane |
Nai | Henrietta Marie Beebe (en) |
Premios
| |
Traxectoria
editarNaceu en Brooklyn, Nova York, conservador de ornitoloxía da York Zoological Society desde 1899 ata 1952 e director do departamento de Investigación Tropical desde 1919. Escribiu moitos libros sobre as súas expedicións que foron éxitos de venda nos anos vinte e trinta. Escribiu regularmente na National Geographic Magazine. A súa A Monograph of the Pheasants (1918-1922), permanece como unha referencia clásica para o estudo dos faisáns. Encabezou expedicións a Nova Escocia, Güiana, Venezuela, Galápagos, Borneo e outras rexións.
O 22 de setembro de 1927 casou con Helen Elswyth Thane Ricker, autora de novelas románticas co sobrenome de Elswyth Thane.
O seu interese na exploración das profundidades mariñas levouno a axudar no desenvolvemento da batisfera inventada por Otis Barton.[1][2][3] En 1930 descendeu ós 183 m de profundidade nas proximidades da Illa Nonsuch nas Bermudas, onde en 1934 bateu o récord chegando ós 923 metros.[1] Beebe fixo un total de 35 inmersións no batisferio entre 1930 e 1934.[1]
En 1942 estableceu un centro para o estudo da xungla en Caripito, Venezuela. In 1950 mercou 92 ha de terra no Val de Arima en (Trinidad e Tobago), á que chamou "Simla", converténdose na Estación de Investigación Tropical da New York Zoological Society.
Nos seus últimos anos, Beebe, adoitaba observar durante horas ás aves con binoculares en Simla
Obra
editar- Two Birds Lovers in Mexico, 1905
- The Birds: Its Form and Function, 1906
- Tropical Wild Life, 1917
- Monograph of the Pheasants, 1918-1922 (4 volumes)
- Jungle Peace, 1918
- Galápagos, World's End, 1923
- Jungle's Days, 1925
- The Arcturus Adventure: Beneath Tropic Seas, 1928
- Half Mile Down, 1934
- Book of Bays, 1942
- The Book of Naturalists, 1945
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Brand, V (1977). Submersibles - Manned and Unmanned. South Pacific Underwater Medicine Society journal, Volume 7.
- ↑ Beebe, W (1934). Half Mile Down. Harcourt Brace and Company.
- ↑ Matsen, B (2005). Descent - The Heroic Discovery of the Abyss. Pantheon Books.