Saltar ao contido

Harry Potter e as reliquias da morte: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Toliño (conversa | contribucións)
Liña 125: Liña 125:
=== Finalización do libro ===
=== Finalización do libro ===


Rowling completou o libro mentres se hospedaba no [[Balmoral Hotel]], en [[Edimburgo]], en [[xaneiro]] de [[2007]], e deixou un ''grafitti'' nun busto de marmol de [[Hermes]] no seu cuarto que dicía: ''«JK Rowling acabou de escribir Harry Potter e as reliquias mortais neste cuarto (652) o [[11 de xaneiro]] de [[2007]]»''<ref>{{cite web|url=http://news.scotsman.com/topics.cfm?tid=3&id=181062007|title=Finish or bust - JK Rowling's unlikely message in an Edinburgh hotel room|publisher=[[The Scotsman]]|date = 2007-02-03|accessdate=2007-03-29|last=Cornwell|first=Tim}}</ref> En declaracións no seu sitio web, ela dixo: ''«Nunca sentín esta mestura de emocións extremas na miña vida, nunca soñei que podería sentirme co corazón roto e eufórica ao mesmo tempo»''. Comparou os seus sentimentos mixtos con aquilos expresados por [[Charles Dickens]] no prefacio da súa edición de [[1850]] do romance ''[[David Copperfield]]'', ''«unha tarefa imaxinativa de dous anos da cal'' -engadiu- ''eu só podo suspirar, trata dezasete anos, Charles...»''. Acabou a súa mensaxe con ''«''as reliquias mortais'' é a miña favorita, e a maneira máis marabillosa de rematar a serie".<ref name="End">{{cite news|url=http://www.usatoday.com/life/books/news/2007-02-06-rowling_x.htm|title=Rowling reacts to Potter's end|publisher=[[Associated Press]]|work=[[USA Today]]|date=2007-02-06|accessdate=2007-07-21}}</ref>
Rowling completou o libro mentres se hospedaba no [[Balmoral Hotel]], en [[Edimburgo]], en [[xaneiro]] de [[2007]], e deixou un ''grafitti'' nun busto de marmol de [[Hermes]] no seu cuarto que dicía:
''«J. K. Rowling acabou de escribir ''Harry Potter e as reliquias mortais'' neste cuarto (652) o [[11 de xaneiro]] de [[2007]]».''<ref>{{cite web|url=http://news.scotsman.com/topics.cfm?tid=3&id=181062007|title=Finish or bust - JK Rowling's unlikely message in an Edinburgh hotel room|publisher=[[The Scotsman]]|date = 2007-02-03|accessdate=2007-03-29|last=Cornwell|first=Tim}}</ref>
En declaracións no seu sitio web, ela dixo: ''«Nunca sentín esta mestura de emocións extremas na miña vida, nunca soñei que podería sentirme co corazón roto e eufórica ao mesmo tempo»''. Comparou os seus sentimentos mixtos con aquilos expresados por [[Charles Dickens]] no prefacio da súa edición de [[1850]] do romance ''[[David Copperfield]]'', ''«unha tarefa imaxinativa de dous anos da cal'' -engadiu- ''eu só podo suspirar, trata dezasete anos, Charles...»''. Acabou a súa mensaxe con ''«''as reliquias mortais'' é a miña favorita, e a maneira máis marabillosa de rematar a serie".<ref name="End">{{cite news|url=http://www.usatoday.com/life/books/news/2007-02-06-rowling_x.htm|title=Rowling reacts to Potter's end|publisher=[[Associated Press]]|work=[[USA Today]]|date=2007-02-06|accessdate=2007-07-21}}</ref>


Cando se lle perguntou acerca da publicación do libro próximo a vir, Rowling declarou que non podería mudar o final mesmo aínda que o quixese. ''«O argumento destes libros estivo escrito durante tanto tempo, e con seis libros agora, todos eles dirixen a un certo enderezo. Así que realmente non podo.''<ref name=Owen-Jones /> tamén comentou que o último volume se relacionaba co [[Harry Potter e o misterio do príncipe bastardo|libro anterior]] da serie ''«case como se fosen dúas metades da mesma novela»''.<ref name=book-six-progress>{{cite web|url=http://www.jkrowling.com/textonly/en/news_view.cfm?id=62|date=2004-03-15|accessdate = 2006-12-23|title=Progress on Book Six|publisher=J. K. Rowling Official Site|last=Rowling|first=J. K.}}</ref> Dixo que o último capítulo do libro foi escrito ''"ao redor do 1990"'' como parte dun traballo moi preliminar da serie.<ref name="last chapter">{{cite news|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/5119836.stm|title="Rowling to kill two in final book"|publisher=[[BBC News]]|date=2006-06-27|accessdate=2007-07-25}}</ref>
Cando se lle perguntou acerca da publicación do libro próximo a vir, Rowling declarou que non podería mudar o final mesmo aínda que o quixese. ''«O argumento destes libros estivo escrito durante tanto tempo, e con seis libros agora, todos eles dirixen a un certo enderezo. Así que realmente non podo.''<ref name=Owen-Jones /> tamén comentou que o último volume se relacionaba co [[Harry Potter e o misterio do príncipe bastardo|libro anterior]] da serie ''«case como se fosen dúas metades da mesma novela»''.<ref name=book-six-progress>{{cite web|url=http://www.jkrowling.com/textonly/en/news_view.cfm?id=62|date=2004-03-15|accessdate = 2006-12-23|title=Progress on Book Six|publisher=J. K. Rowling Official Site|last=Rowling|first=J. K.}}</ref> Dixo que o último capítulo do libro foi escrito ''"ao redor do 1990"'' como parte dun traballo moi preliminar da serie.<ref name="last chapter">{{cite news|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/5119836.stm|title="Rowling to kill two in final book"|publisher=[[BBC News]]|date=2006-06-27|accessdate=2007-07-25}}</ref>

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2007 ás 11:27

Cola diante dunha libraría no centro comercial de Stirling, na noite da presentación de Harry Potter e as reliquias mortais.

Harry Potter e as reliquias mortais é o nome do sétimo e derradeiro libro da saga de Harry Potter escritos pola británica J. K. Rowling. O título en inglés foi revelado na páxina web oficial da súa autora o 21 de decembro de 2006. Máis tarde, o 1 de febreiro de 2007 anunciouse oficialmente que a data da publicación da edición en inglés do libro será o 21 de xullo de 2007. A data de publicación da edición en galego e en español aínda non foron anunciadas polas editoriais Galaxia e Salamandra, pero esta confirmado que a española sairá á venda a comezos do 2008.

O sétimo libro é a conclusión e culminación da saga. Tratará acerca do mozo Harry Potter e a súa busca e destrución dos Horrocruxes (partes da alma de Lord Voldemort) para acabar dunha vez co mago Tenebroso.

O sexto libro deixou varias preguntas sen responder, e os fans queren saber como acabarán os eventos na serie, o cal fai deste libro moi agardado. J. K. Rowling dixo que, máis ca calquera outro libro de Harry Potter, o sétimo libro será unha continuación da historia incompleta do sexto libro.

Por outra banda, J. K. Rowling sinalou que non ten intencións de escribir un oitavo libro (secuela dos anteriores), nin unha precuela; pero tamén dixo que é posible que escriba libros que xoguen un papel secundario ou que teñan un fin caritativo, como Bestas fantásticas e onde dar con elas ou O quidditch a través dos tempos que publicou anteriormente.

Epígrafe

Todos os libros da serie Harry Potter teñen dedicatorias, pero Harry Potter e as reliquias mortais é o único que inclúe un epígrafe. Este consta de dúas citas sobre a morte e a amizade. A primeira é unha tradución ao inglés dunha pasaxe da Orestíada, unha das traxedias do escritor grego Esquilo. A segunda cita é de More Fruits of Solitude, escrita en 1682 por William Penn, un autor cuaqueiro, fundador de Pensilvania.

Argumento

Deixando aos Dursley

Como a protección que a casa dos Dursley proporciona a Harry expirará cando cumpra 17 anos, a Orde do Fénix decide separar aos Dursley e a Harry por seguridade. Para elo, usan Harrys falsos como señuelos para así tratar de despistar aos mortífagos, pero Lord Voldemort e os seus secuaces logran identificar ao verdadeiro Harry. Aínda que case todos logran escapar á Madrigueira, Ollotolo Moody e Hedwig (a lechuza de Hary) morren durante o ataque.

Uns días despois, o Ministro de Maxia, Rufus Scrimgeour, acode á Madrigueira ao encontro de Harry, Ron e Hermione para lles entregar o legado do testamento de Dumbledore. Ron recibe un Desiluminador, un aparello máxico que captura a luz; Hermione recibe un libro con historias infantís escrito en Runas Antigas e Harry herda a espada de Godric Gryffindor e a snitch dourada que capturou no seu primeiro partido de quidditch no seu primeiro ano. O Ministro retén a espada, alegando que esta non foi nunca propriedade de Dumbledore e, polo tanto, non a pode obter.

Na procura dos Horrocruxes

Durante a voda de Bill Weasley e Fleur Delacour, aparece o patronus de Kingsley Shacklebolt coa mensaxe: «O Ministerio caeu. Scrimgeour morreu. Veñen.» (The Ministry has fallen. Scrimgeour is dead. They are coming.). Inmediatamente despois chegan os mortífagos. Harry, Ron e Hermione escapan e refúxianse no abandonado número 12 de Grimmauld Place. Descobren alá que o irmán de Sirius, Regulus, é o tal "R.A.B", que se levara o Horrocrux do lago na cova (o gardapelo). Descobren que actualmente está en mans de Dores Umbridge, así que se infiltran no Ministerio de Maxia usando a poción multixugos e recuperan o Horrocrux.

Tras pasar uns meses movéndose dun lado a outro, o trío escoita unha conversación que revela que o Ministerio garda a confiscada espada de Gryffindor na cámara acoirazada de Bellatrix Lestrange en Gringotts, o banco dos magos. Pero o Ministerio non sabe que esa espada é falsa; descoñécese o paradeiro da verdadeira. Cando Harry descobre que Dumbledore eliminou un Horrocrux coa espada real, quere ir a buscala para así poder destruír os outros Horrocruxes. Ron anóxase porque Harry non ten un plan claro para atopar os outros e abandona a Harry e Hermione. Harry e Hermione van ao Vale de Godric, coa esperanza de que Dumbledore agachase alí a espada. Sen embargo, caen nunha embocada tendida por Voldemort e a súa serpe Nagini. Durante a súa escapada, Hermione rompe accidentalmente a varita de Harry.

Unha noite, un descoñecido patronus con forma de cerva prateada aparece preto do campo e conduce a Harry ata a verdadeira espada de Gryffindor. Cando Harry trata de recuperar a espada, situada ao fondo dun lago xelado, o Horrocrux con forma de gardapelo estréitase ao redor do seu pescozo, esganándoo. Ron, que volta inesperadamente, rescata a Harry e destrúe o Horrocrux coa espada.

As Reliquias da Morte

O símbolo das Reliquias da Morte, segundo as descricións do libro.

O trío acode a ver a Xenophilius Lovegood, o pai de Luna Lovegood, ao que perguntan acerca dun símbolo co que toparon varias veces. El dilles que representa ás Reliquias da Morte, tres obxectos lendarios que podían conquistar á morte: A Varita de Saúco, a Pedra de Resurrección e a Capa de Invisibilidade. Harry está convencido de que a súa Capa de Invisibilidade é unha das tres reliquias. Xenophilius traiciónaos ao Ministerio coa esperanza de que lle devolvan a Luna, a quen os mortífagos tomaron como refén, pero Harry, Ron e Hermione logran escapar.

Os merodeadores (un grupo de persoas que pululaban polas rúas buscando a fuxitivos do Ministerio) capturan aos tres rapaces despois de que Harry usase accidentalmente o nome de Voldemort, o cal activaba un feitizo rastexador ao pronuncialo. Eles son feitos presos na Mansión dos Malfoy, o novo cuartel xeral dos mortífagos. Ao atopar a espada entre as pertenzas do trío, Bellatrix Lestrange teme que irrompesen na súa cámara acoirazada en Gringotts. Nese intre aparece Dobby (o elfo doméstico), que vén liberar aos presos, pero Peter Pettigrew descóbreos. Pettigrew compensa a súa débeda con Harry entregando a súa vida, e é vítima da súa propia man de prata, a cal o estrangula. Durante a fuxida, Harry queda coas varitas de Bellatrix e Draco Malfoy, pero Bellatrix mata a Dobby. O trío irrompe en Gringotts, coa axuda do trasno Griphook (que traballara alí), e conseguen a Copa de Hufflepuff, outro dos Horrocruxes, pero perden a espada. Conseguen escapar a duras penas nun dragón. Voldemort dáse de conta de que alguén está a destruír os seus Horrocruxes, e o nexo mental entre Harry e o Señor Escuro revélalle a Harry que hai un agachado nalgún lugar de Hogwarts.

A batalla de Hogwarts

O irmán de Dumbledore, Aberforth, axuda ao trío a entrar a Hogwarts. Alertan ao profesorado sobre a inminente chegada de Voldemort. Varios membros da Orde do Fénix acoden a loitar xunto a Harry, e as forzas de Voldemort atacan Hogwarts. Fred Weasley morre na batalla. Harry descobre que o Diadema de Ravenclaw é o Horrocrux agachado na escola, e conclue que se atopa na Sala dos Menesteres. Mentres tanto, Ron e Hermione entran á Cámara dos Segredos e toman colmillos de basilisco, cos cales Hermione destrúe a Copa de Hufflepuff. Logo, na Sala dos Menesteres, os tres se enfrentan a Draco, Crabbe e Goyle. Crabbe utiliza con torpeza un feitizo moi poderoso, causándose a súa propia morte e destruíndo, sen sabelo, o diadema.

Harry ten outra visión e vai á Casa dos Berros en Hogsmeade, o pobo que está ao carón do colexio. Alá, sen ver visto, ve como Voldemort ordena a Nagini que mate a Snape, que fora director de Hogwarts ata ese momento. Voldemort cre que Snape se convertiu no amo da Varita de Saúco cando matou ao seu dono anterior, Dumbledore, e que coa morte de Snape a varita se poñerá ao seu servizo. Antes de morrer, Snape dálle a Harry, cando Voldemort abandona o lugar onde estaba Snape, este dálle a Harry varios recordos seus. Usando o pensadeiro, Harry ve que Snape sempre foi leal a Dumbledore, levado polo amor da súa vida, Lily Evans, a nai de Harry. Dumbledore, condenado a morrer despois de ser maldicido polo Anel de Gaunt, pediulle a Snape que o matase, se era necesario, para librar a Draco desa tarefa. Snape enviara o patronus con forma de cerva prateada a Harry para lle dicir onde se atopaba a espada de Gryffindor. E, finalmente, Harry descobre que el mesmo é un Horrocrux; Voldemort non pode ser asasinado mentres Harry siga con vida.

Aceptando o seu destino, Harry vai só ao Bosque Prohibido onde Voldemort o agardaba. Antes de chegar ao lugar, Harry abre a snitch dourada que lle deixara Dumbledore e no seu interior encontra a Pedra de Resurrección, unha das Reliquias da Morte. Con ela invoca aos espíritos de James e Lily Potter, Sirius Black e Remus Lupin (este último foi recentemente asasinado en batalla xunto á súa esposa, Nymphadora Tonks), que lle dan ánimos. Harry permite que Voldemort lle lance o Avada Kedavra, a maldición letal. Harry esperta na estación de King's Cross, onde Albus Dumbledore aparece e lle explica que, ao igual que Voldemort, non pode morrer mentres un fragmento da súa alma permaneza en Harry, e que Harry non pode morrer mentres o seu sangue viva no corpo de Voldemort.

Harry revive, pero fai que está morto. Voldemort, crendo ter derrotado por fin a Harry, lévao a Hogwarts como trofeo. A batalla comeza de novo, e Harry, sen que ninguén se decate, cóbrese coa Capa de Invisibilidade, mentres que Neville quita a Espada de Gryffindor, que saiu por si soa do Sombreiro Seleccionador, e decapita a Nagini, destruíndo o último Horrocrux. Molly Weasley enfróntase a Bellatrix Lastrange e véncea. Harry quita a Capa enfróntase a Voldemort, dicíndolle que cando Draco Malfoy desarmou a Dumbledore (o ano anterior antes de ser asasinado por Snape), Draco, sen sabelo, voltouse o amo da Varita de Saúco. Posto que Harry lle arrebatara despois a Draco o súa varita, a lealtade da Varita de Saúco pasou a Harry. Voldemort conxura o Avada Kedavra, pero a Varita de Saúco coa que realiza a maldición, protexe a Harry, o seu amo, e o feitizo rebota, matando a Voldemort.

Tralo seu enfrontamento final con Voldemort, Harry quere evitar que ninguén una de novo as tres Reliquias. Conserva a Capa de Invisibilidade, deixa a Pedra de Resurección no Bosque Prohibido e planea devolver a Varita de Saúco á tumba de Dumbledore. Salvo que alguén derrote a Harry, o poder da Varita de Saúco morrerá con el.

Dezanove anos despois, Harry e Ginny teñen tres fillos: James, Albus Severus e Lily. Ron e Hermione teñen dous fillos chamados Rose e Hugo. As familias están en King's Cross, onde Albus Severus e Rose saen para o seu primeiro ano en Hogwarts, acompañados de James, que xa había cursado algúns anos no colexio. Alí na estación, ven a Draco Malfoy e á súa esposa co seu fillo Scorpius; Malfoy dá sinais de recoñecer a Harry e entón alónxase. Harry dille a Albus Severus, que non quere ser elixido para a casa Slytherin, que o seu nome vén de Severus Snape e de Albus Dumbledore, e que Snape foi, probablemente, o home máis valente que Harry coñeceu xamais. Revélase tamén que Neville é agora o profesor de Herboloxía e íntimo amigo de Harry. O libro conclúe coas palabras: «The scar had not pained Harry for nineteen years. All was well.» ("A Harry non lle doera a cicatriz en dezanove anos. Todo ía ben.").

Información adicional e comentarios de J. K. Rowling

Monte de libros arrombados nunha libraría de Stirling na noite da presentación de Harry Potter e as reliquias mortais.

Nunha entrevista[1] e conversación en liña,[2][3][4] Rowling deu información adicional sobre o futuro dos personaxes principais, e que escolleu non incluír no epílogo do libro.

Protagonistas

  • Sobre Harry dixo que se volta un auror no Ministerio de Maxia, e máis tarde é nomeado cabeza do departamento. Tamén posúe a motocicleta de Sirius Black que Arthur Weasley amañou para el. Rowling engadiu que xa non pode falar Pársel, logo de que se destruíse o fragmento da alma de Voldemort que moraba no seu interior.
  • Ginny Weasley xogou nas Holyhead Harpies por un tempo, e logo convertiuse na corresponsal de quidditch para o xornal O Profeta.
  • Ron Weasley traballa por un tempo con George na súa tenda de bromas, e máis adiante, vólvese un auror.
  • Hermione Granger inicialmente traballa para o Ministerio de Maxia no Departamento de Regulación e Control de Criaturas Máxicas, mellorando considerablemente as condicións dos elfos domésticos. Despois trasládase ao Departamento de Regulación da Lei Máxica e axuda a erradicar leis opresivas a favor dos sangue limpo. Tamén atopa aos seus pais en Australia e lles saca o encantamento polo que lles modificara a memoria.
  • Lord Voldemort era incapaz de sentir amor porque a súa concepción se producira grazas a unha poción e non á libre eleicción. Isto podería ter mudado se a súa nai o criase e o quixese. Os asasinatos a partir dos cales Voldemort realizou os seus Horrocruxes foron: o diario, Myrtle a Chorona; a Copa de Hufflepuff, Hepzibah Smith, a súa anterior dona; o Gardapelo de Slytherin, un vagabundo muggle; Nagini, Bertha Jorkins; o Diadema de Ravenclaw, un campesiño albano, e o Anel, o seu pai, Tom Riddle. Trala súa morte, Voldemort quedou na especie de limbo que Harry identificou coa Estación de King's Cross, xa que para el sempre foi a barreira entre o mundo muggle e o máxico.

Personaxes secundarios

Ademais, Rowling tamén explicou o porvir de varios personaxes secundarios.

  • George Weasley quita adiante a súa exitosa tenda de obxectos de bromas, inicialmente coa axuda de Ron. George chama ao seu primeiro fillo Fred, na honra do seu falecido irmán xemelgo.
  • Luna Lovegood viaxa polo mundo buscando criaturas raras e únicas. Eventualmente casa con Rolf, o neto do famoso naturalista Newt Scamander, autor de Bestas fantásticas e onde dar con elas. A revista do seu pai, O Quisquilloso, voltou ao seu estado de "tolemia avanzada" e é apreciada polo seu humor inintencionado.
  • O centauro Firenze é benvido novamente á súa manada, os que comprenden que as inclinacións cara os humanos non eran vergoñosas, senón honorables.
  • Dolores Umbridge é arrestada, interrogada e prendida polos seus crimes contra os nacidos de muggles.
  • Os Malfoy non acabaron no cárcere por axudar en segredo (aínda que con evidente interese persoal) a Harry ao final da batalla. Draco e Harry melloraron a sua relación, aínda que nunca derivou en amizade.
  • Remus Lupin foi asasinado por Dolohov, e Tonks, por Bellatrix Lestrange (isto sae no libro).
  • Lily Evans quería a Snape coma a un amigo, e podería telo amado se non fose pola atracción deste cara as Artes Escuras. Por outra banda, Snape non renunciou a estas aínda que estivese namorado de Lily, porque devecía o poder e quería ser alguén impresionante. Isto defíneo a autora como "a traxedia de Snape".
  • Neville Longbottom pediu axuda ao Sombreiro Selecionador cando lle prenderon lume, da mesma maneira que o fixo Harry na Cámara dos Segredos. Deste modo a espada de Gryffindor se transportou ao seu interior, xa que o Sombreiro era orixinalmente de Godric Gryffindor. Isto proba que, ao contrario do que dicía Griphook, o fundador non roubou a espada.

Outros datos

Tamén hai información sobre xeitos máis amplos do universo máxico.

  • Kingsley Shacklebolt convírtese no novo Ministro de Maxia, con Percy Weasley traballando con el nun alto cargo. Como unha das súas reformas, o cárcere de Azkaban xa non utiliza dementores. En consecuencia, o mundo é agora: "un lugar moito máis soleado".
  • En Hogwarts, a casa de Slytherin diluiuse e deixou de ser o bastión para magos de sangue limpo que algunha vez foi; sen embargo, a súa reputación de máxia escura mantense. A maldición de Voldemort sobre o posto de profesor de Defensa Contra as Artes Escuras rómpese coa súa morte, e agora hai un profesor permanente nesa asignatura. Non aparece un retrato de Snape no despacho do director de Hogwarts, xa que abandonou o seu posto antes de morrer. Harry tentará persuadir para que se engada este retrato, ao igual que revela a todos a verdadeira lealtade de Snape.

Os Horrocruxes

A continuación móstranse os sete Horrocruxes que Lord Voldemort creou:

  1. O Diario de Tom Ryddle; que foi destruído no segundo libro por Harry.
  2. O Anel de Gaunt, destruído por Dumbledore.
  3. O Gardapelo de Slytherin, que foi destruído por Ron.
  4. A Copa de Hufflepuff, destruída por Hermione.
  5. O Diadema de Ravenclaw, que facía ao seu poseedor máis intelixente que os demais, foi destruído por Vicent Crabbe cun poderoso feitizo que causou a súa propia morte.
  6. A serpe de Voldemort, Nagini, eliminada por Neville Longbottom.
  7. E o mesmo Harry, que foi asasinado por Voldemort, pero só a parte da alma de Voldemort que habitaba en Harry foi destruída nese momento. El quedou nunha especie de ponte entre a vida e a morte no que se atopou con Dumbledore.

Pre-publicación do libro

Elección do título

Pouco antes de publicar o título, J. K. Rowling anunciou que considerara tres títulos diferentes para o libro.[2][5] O título final, Harry Potter and the Deathly Hallows (Harry Potter e as reliquias mortais) foi feito público o 21 de decembro de 2006 a través dun xogo do aforcado cunha temática navideña na páxina de internet da autora, confirmada pouco despois polos editores do libro.[6] Durante a conversación en liña que tivo Rowling con fans, lle perguntaron cales foron os outros dous títulos que considerara, ao que a autora contestou Harry Potter and the Elder Wand (Harry Potter e a varita de saúco) e Harry Potter and the Peverell Quest (Harry Potter e a travesía dos Peverell).[2]

Campañas de marketing

Ó redor do mundo moitas librarías se decoraron con motivos da serie para promocionar o seu lanzamento.

O lanzamento foi celebrado cunha lectura e asinado de libros no Museo de Historia Natural de Londres, á que asistiu Rowling xunto con 1700 convidados escollidos por sorteo[7] Rowling planea viaxar polos Estados Unidos en octubro, onde se celebrará outro evento no Carnegie Hall en Nova York.[8]

A editorial Scholastic, o editor estadounidense da serie de Harry Potter, lanzou unha campaña de marketing de varios millóns de dólares titulada There will soon be 7 ("Pronto serán 7") cun "Autobús nocturno" viaxando por corenta librarías a través dos Estados Unidos, foros e competencias en liña, marcapáxinas coleccionables, tatuaxes e o lanzamento das sete perguntas sobre As Reliquias Mortais máis debatidas entre os fans: [9]

  1. Quen vai vivir e quen vai morrer?
  2. É Snape bo ou malo?
  3. Reabrirá Hogwarts?
  4. Quen acaba con quen?
  5. Onde están os Horrocruxes?
  6. Será derrotado Voldemort?
  7. Que son as Reliquias da Morte?

Finalización do libro

Rowling completou o libro mentres se hospedaba no Balmoral Hotel, en Edimburgo, en xaneiro de 2007, e deixou un grafitti nun busto de marmol de Hermes no seu cuarto que dicía:

«J. K. Rowling acabou de escribir Harry Potter e as reliquias mortais neste cuarto (652) o 11 de xaneiro de 2007».[10]

En declaracións no seu sitio web, ela dixo: «Nunca sentín esta mestura de emocións extremas na miña vida, nunca soñei que podería sentirme co corazón roto e eufórica ao mesmo tempo». Comparou os seus sentimentos mixtos con aquilos expresados por Charles Dickens no prefacio da súa edición de 1850 do romance David Copperfield, «unha tarefa imaxinativa de dous anos da cal -engadiu- eu só podo suspirar, trata dezasete anos, Charles...». Acabou a súa mensaxe con «as reliquias mortais é a miña favorita, e a maneira máis marabillosa de rematar a serie".[11]

Cando se lle perguntou acerca da publicación do libro próximo a vir, Rowling declarou que non podería mudar o final mesmo aínda que o quixese. «O argumento destes libros estivo escrito durante tanto tempo, e con seis libros agora, todos eles dirixen a un certo enderezo. Así que realmente non podo.[12] tamén comentou que o último volume se relacionaba co libro anterior da serie «case como se fosen dúas metades da mesma novela».[13] Dixo que o último capítulo do libro foi escrito "ao redor do 1990" como parte dun traballo moi preliminar da serie.[14]

Embargo

Filtracións e distribución ceda

A recepción da crítica

Na crítica do The Baltimore Sun, Mary Carole McCauley, alabou a totalidade da serie, como un «clásico bildungsroman». Engadiu que «ao libro sete fáltalle moito do encanto e do humor que distinguiu aos romances anteriores. Mesmo a escritura é mais prosaica», pero entón observou que dada a natureza mais seria do libro, «¿como podería ser doutra maneira?».[15]

Alice Fordham de The Times escribiu que «o xenio de Rowling non é soamente a súa total invención dun mundo de fantasía, máis o seu xeito de crear personaxes que saltan das páxinas, reais, valentes e adorables». Fordham conclui: «esperamos un longo tempo, pero nin Rowling nin Harry nos decepcionaron ao final».[16]

Por outro lado, Jenny Sawyer do Christian Science Monitor dixo que «hai moito que gusta da serie de Harry Potter, desde o seu brillante mundo máxico á súa narrativa de capas múltiples», sen embargo, «unha historia é sobre alguén que cambia, e, apartando a puberdade, Harry non cambia moito. Segundo o ve Rowling, Harry camiña polo camiño do ben tan previsiblemente, que a súa vitoria final sobre Voldemort se sente non só inevitable, senón tamén chá».[17]

Stephen King criticou as reaccións dalgúns revisores dos libros por facer conclusións precipitadas do traballo.[18] El sinte que isto era inevitable, dado o extremo misterio antes do lanzamento, que non deu tempo aos críticos para ler e considerar o libro, e que a moitas das primeiras críticas lles faltaba profundidade. Máis que atopar o estilo de escritura decepcionante, sentiu que madurara e mellorara. Cre que o tema dos libros voltouse máis adulto, e que Rowling claramente estivo a escribir coa audiencia adulta en mente desde a metade da serie. Comparou os traballos con Huckleberry Finn e Alicia no país das marabillas os cales tamén alcanzaron éxito e voltaron clásicos, en parte por se dirixir tanto a un público adulto e infantil. As súas críticas ao libro inclúen a tendencia de Rowling a permanecer moito tempo nalgúns elementos, como o extenso período do campamento a través do libro, e unha certa tendencia a producir solucións máxicas da nada nunha situación difícil. Isto é, se cadra, inevitable nun mundo máxico.

Datos curiosos

  • Antes do lanzamento de Harry Potter e o misterio do príncipe bastardo, J. K. Rowling descubriu un foro de discusión no que se referían a Voldemort, agarimosamente, como "Voldy". Preguntóuselle á escritoria se isto lle molestaba, ao que respondeu que nun comezo dixera que si, pero que estivera bromeando.[19] No último capítulo deste sétimo libro (sen contar o epílogo), vese a Peeves, o poltergeist, cantando unha canción de triunfo polo feito de que Voldemort fose derrotado, referíndose a el como "Voldy".
  • En varias ocacións a escritora non deixara claro se Ron acabaría con Hermione, mais sempre puxo varias pistas nos seus comentarios.[20] Isto aclarouse neste sétimo libro onde a parella acaba casada.
  • Na filmación do quinto filme, Harry Potter e a Orde do Fénix, o actor Daniel Radcliffe perguntoulle á escritora se Harry morrería. Ela respondeulle que Harry tería unha «escena de morte», deixando ao actor máis confundido.[21]. Isto aclarouse neste sétimo libro onde Harry morre, pero a protección da súa nai permítelle revivir.
  • No cuarto libro, Harry Potter e o Cáliz de fogo, cando Harry lle di a Dumbledore que Voldemort utilizou o seu sangue para voltar ao seu corpo, Harry cre ver un "brillo de triunfo" nos ollos de Dumbledore. Isto quería dicir que Dumbledore sabía que, ao ter Voldemort o sangue de Harry, este non podería morrer mentres Voldemort seguise con vida, opoñéndose á profecía. Isto dáballe a Harry a esperanza de derrotar a Voldemort.

Traducións non oficiais

Logo da publicación do libro, moitos sitios web ofereceron descargas en formato PDF de traducións non autorizadas do contenido noutras linguas, como o chinés, cuxa tradución estaba dispoñible só algunhas horas despois da publicación.[22] Copias ilegais do libro eran vendidas nas rúas da China por 40 yuans, en comparación cos 270 que custa a versión en inglés nas librarías. Pola súa parte, o día 24 de xullo xa había dous blogs oferecendo a tradución ao español, os cales se estima que recibiron catro millóns de visitas.[23]

Referencias

  1. Brown, Jen (2007-07-25). "Finished Potter? Rowling tells what happened next.". MSNBC. Consultado o 2007-07-26. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Online Chat Transcript". Bloomsbury. 2007-07-31. Consultado o 2007-07-31.  Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "webchat" está definido varias veces con contidos diferentes
  3. Toler, Lindsay (2007-07-30). "Rowling Answers Fans' Final Questions". Associated Press. Consultado o 2007-07-30. 
  4. "Rowling Answers Fans' Final Questions". MSN Entertainment. 2007-07-30. Consultado o 2007-07-31. 
  5. "J.K.Rowling Official Site". News Archive. Consultado o 2007-04-23. 
  6. "Harry Potter and the Deathly Hallows". Bloomsbury Publishing. 2006-12-21. Consultado o 2006-12-21. 
  7. "Harry Potter". scholastic. Consultado o 2007-05-25. 
  8. "USA open book tour". Consultado o 2007-06-15. 
  9. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome scholastic_announcement
  10. Cornwell, Tim (2007-02-03). "Finish or bust - JK Rowling's unlikely message in an Edinburgh hotel room". The Scotsman. Consultado o 2007-03-29. 
  11. "Rowling reacts to Potter's end". USA Today (Associated Press). 2007-02-06. Consultado o 2007-07-21. 
  12. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Owen-Jones
  13. Rowling, J. K. (2004-03-15). "Progress on Book Six". J. K. Rowling Official Site. Consultado o 2006-12-23. 
  14. ""Rowling to kill two in final book"". BBC News. 2006-06-27. Consultado o 2007-07-25. 
  15. McCauley, Mary Carole (July 18, 2007). "An inevitable ending to Harry Potter series". Baltimore Sun. Consultado o 2007-07-21. 
  16. Fordham, Alice (21 de julio, 2007). "Harry Potter and the Deathly Hallows". The Times. Consultado o 2007-07-25. 
  17. Sawyer, Jenny (July 25, 2007). "Missing from 'Harry Potter" – a real moral struggle". Christian Science Monitor. Consultado o 2007-07-25. 
  18. Stephen King. "J K Rowling's Ministry of Magic". entertainment weekly. Consultado o 2007-8-21. 
  19. A J. K. Rowling disgústalle que a xente chame "Voldy" a Voldemort
  20. Dumbledore é en realidade Harry ou Ron do futuro
  21. O que Daniel Radcliffe sabía
  22. "Harry Potter xa ten un poco de competencia". Infobae.com. 24 de agosto de 2007. Consultado o 2007-08-24. 
  23. "Os fans hispanos de Harry Potter non queren esperar". Infobae.com. 15 de agosto de 2007. Consultado o 2007-08-24. 


Modelo:Harrypotter