Saltar ao contido

Andrei Gromiko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 29 de setembro de 2009 ás 21:24 por Luckas-bot (conversa | contribucións) (bot Engadido: ca:Andrei Gromyko)

Andrei Gromyko, nado o 18 de xullo de 1909 en Starye Gromiki na Bielorrusia e morto o 2 de xullo de 1989 en Moscú, foi un notable ministro de asuntos exteriores da URSS por máis de vintecinco anos, e despois presidente do præsidium do Soviet Supremo.

Andreï Gromyko foi un home político e diplomático soviético. Entra en 1939 no comisariado do pobo para asuntos estranxeiros como xefe do departamento de América. En seguida comeza a ascender escalóns chegando a ser conselleiro na embaixada da URSS nos Estados Unidos de 1939 a 1943, despois embaixador nese mesmo estado de 1943 a 1946. Participou na maior parte das conferencias internacionais da época (Dumbarton Oaks, Yalta, Potsdam, Helsinki, etc.). De 1944 a 1975, salienta coma hábil negociador e proba que ten un grande talento para defender a política estranxeira do seu estado.

En 1946, pasa a ser embaixador da URSS no Consello de seguridade da ONU. Pasa a ser membro do comité central do partido comunista en 1956 e entra no Politburo en 1973. En 1983, é o primeiro vice-presidente que depois será designado presidente do praesidium do Soviet Supremo en 1985. Il debe dimitir deste posto, e foi excluído du Politburo en 1988, porque representaba a facción conservadora do partido communista.

Andrei Gromyko morreu en 1989. Está soterrado no Cemiterio de Novodevitchi en Moscú.