Saltar ao contido

Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de outubro de 2013 ás 07:46 por Vivaelcelta (conversa | contribucións)

Coordenadas: 41°29′56″N 5°45′20″O / 41.49889, -5.75556


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Modelo:Cidade

Zamora é unha cidade situada en Castela e León, capital da provincia de Zamora. En 2008 tiña 69.672 habitantes. Está atravesada polo río Douro, que continúa cara a Portugal.

Artisticamente conta con numerosas igrexas de estilo románico, destacando a súa catedral, do mesmo estilo. Esta cidade tivo a súa etapa de maior importancia política durante a Reconquista.

Catedral de Zamora

Demografía

Evolución demográfica comparativa de Zamora capital e Zamora provincia, 1900-2005.

Durante o século XX o municipio de Zamora creceu de xeito regular, mais o conxunto da provincia perdeu poboación. Desde 1900, a capital multiplicou o número de habitantes por 4,06 (16.287 habs. en 1900, 66.135 en 2007, mentres que a provincia perdeu un 28%. A resultas deste dobre proceso, a capital, que representaba só o 5,9% do total da provincia en 1900, acolle en 2005 ao 33,4% dos seus habitantes.