Independencia
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f9/Declaration_of_Independence_%281819%29%2C_by_John_Trumbull.jpg/220px-Declaration_of_Independence_%281819%29%2C_by_John_Trumbull.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4e/JuraIndependencia.jpg/220px-JuraIndependencia.jpg)
A independencia[1] é a condición dunha persoa, nación, país ou estado no cal os seus residentes e poboación, ou unha parte deles, exercen o autogoberno, e xeralmente a soberanía, sobre o territorio. O oposto á independencia é o status dun territorio dependente.
Concepto[editar | editar a fonte]
Como concepto político apareceu coa Declaración de Independencia dos Estados Unidos en 1776[2] como resposta ó colonialismo europeo e estendeuse coas declaracións de independencia dos países latinoamericanos dependentes do Imperio español na Guerra de Independencia Hispanoamericana (1809-1824).
Outros conceptos[editar | editar a fonte]
Distínguese de
- autonomía, por ter esta segunda un atadallo subordinativo de carácter institucional a outro territorio ou goberno soberano, sen menosprezo de que o territorio autónomo poida desenvolver con liberdade as competencias que lle fosen asignadas.
- neocolonialismo: Situación que se dá cando non existe plena independencia dun país, senón que o mesmo está sometido aos ditados culturais, lingüísticos e especialmente, económicos, doutro. O neocolonialismo -situación en que se achan algúns dos estados do terceiro mundo- oponse ó antigo colonialismo en que xa non acontece a ocupación directa do territorio mediante o emprego da forza militar.
Continentes[editar | editar a fonte]
Continente | No. | Último país en obter a independencia | |
---|---|---|---|
![]() |
África | 54 | ![]() |
América | 35 | ![]() | |
Asia | 44 | ![]() | |
Europa | 50 | ![]() ![]() | |
Oceanía | 14 | ![]() | |
Antártida | N/A | condominio internacional de facto |
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Acceso á independencia dos distintos estados do mundo
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para independencia.
- ↑ Arciniegas, Germán (1980). «El invento de la independencia», en América en Europa, Bogotá, Planeta, pp. 123-144
- ↑ "Kosovo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de febreiro de 2008. Consultado o 30 de xullo de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |