Saltar ao contido

Monte Wilhelm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 5°48′00″S 145°02′00″L / -5.8, 145.03333333333

Monte Wilhelm

Vista do monte desde a aba. Situado na fronteira entre as provincias de Chimbu e Madang, é parte da cordilleira Bismarck.
Localización xeográfica
CordilleiraBismarck
Latitude5°48'53"S
Lonxitude145°02'33"E
Localización administrativa
LocalizaciónFronteira entre as provincias de Chimbu e Madang, Papúa Nova Guinea
Características xerais
Altitude4509 m A maior altitude de Papúa Nova Guinea, parte da cordilleira Bismarck
Prominencia2969
Illamento topográfico1873 km
Montañismo
Primeira ascensiónPrimeira escalada dun non nativo rexistrada o 15 de agosto de 1938, polo equipo liderado por Leigh Vial e seus guías locais
Ruta máis fácilCamiñada de traxecto curto, comumente realizada desde o campamento base de Keglsugl

O Monte Wilhelm é o punto máis alto da Papúa Nova Guinea. Ten 4.509 m de altitude. Pero non é o punto máis elevado da illa de Nova Guinea, sendo superado pola Pirámide Carstensz, con 4.884 m, e polo Puncak Trikora, con 4.750 m, ambos na provincia de Irian Jaya, Indonesia.

Forma parte da Cordilleira Bismarck e o seu pico é un punto de intersección de tres provincias, Simbu, Western Highlands e Madang.

O pico é coñecido polo nome de Enduwa Kombuglu na lingua local kuman, unha lingua papúa.[1]

Algunhas fontes poñen ao Monte Wilhelm como o máis alto de Oceanía, incluíndo a Indonesia como parte de Asia (sueste asiático), incluíndose logo, na lista dos Sete Cumios.

  1. Nolan, Riall W. (1983). Lonely Planet, ed. Bushwalking in Papua New Guinea (1ª ed.). ISBN 0908086415. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]