Saltar ao contido

Tyson Chandler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTyson Chandler

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Tyson Cleotis Chandler Editar o valor en Wikidata
2 de outubro de 1982 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Hanford, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaHanford (pt) Traducir
Nova York Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónManuel Dominguez High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura218 cm Editar o valor en Wikidata
Peso109 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Número deportivo4 Editar o valor en Wikidata
Convocado porLos Angeles Clippers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- New Orleans Pelicans
- Chicago Bulls
- Phoenix Suns
- Charlotte Hornets
2010-2011 Dallas Mavericks (Pivote)
2011-2014 New York Knicks (Pivote)
2014- Dallas Mavericks (Pivote) Editar o valor en Wikidata
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012
2010Campionato do Mundo de Baloncesto de 2010
20072007 FIBA Americas Championship (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2584464 IBDB: 494680
Twitter: tysonchandler Editar o valor en Wikidata

Tyson Cleotis Chandler, nado o 2 de outubro de 1982 en Hanford (California), é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Instituto

[editar | editar a fonte]

Chandler foi ao Instituto Dominguez High School dos Ánxeles, onde foi elixido no equipo McDonald's All America, que selecciona os mellores xogadores de instituto do país. Antes de dar o paso directamente á NBA, sen pasar pola universidade, gañou o título estatal de California co seu equipo.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na segunda posición do Draft da NBA de 2001 por Los Angeles Clippers, club que inmediatamente traspasou os seus dereitos aos Chicago Bulls a cambio do Rookie do Ano Elton Brand. A súa traxectoria en Chicago non foi todo o brillante que se esperaba. Problemas de lesións nas costas, unido a un problema de faltas persoais en xogo, fixeron que non se convertese nun xogador determinante. Destacou sobre todo en defensa co seu poder de intimidación e a súa achega no rebote, feito este último que se viu con máis claridade na tempada 2006−07, cando foi traspasado a New Orleans Hornets a cambio de J.R. Smith e P.J. Brown, converténdose no máximo reboteador ofensivo da liga, con 320 capturas (4,4 por partido).

O 27 de xullo de 2009 foi traspasado a Charlotte Bobcats a cambio de Emeka Okafor.[1] Tras unha tempada discreta no equipo de Carolina do Norte, o 13 de xullo de 2010, é traspasado aos Dallas Mavericks xunto con Alexis Ajinça a cambio de Matt Carroll, Erick Dampier e Eduardo Nájera. No equipo texano gaña o campionato da NBA, aínda que a seguinte temporada muda de equipo ao asinar cos New York Knicks. Alí foi elixido Xogador Defensivo do Ano, sendo o primeiro xogador do equipo neoiorquino que logra esta distinción. Tras tres temporadas cos Knicks, o 25 de xuño de 2014 volve, xunto ao base Raymond Felton, aos Mavericks, que a cambio ofreceron a Shane Larkin, Wayne Ellington, José Calderón, Samuel Dalembert e dúas seleccións de segunda rolda no Draft da NBA de 2014.[2] O movemento reuniu a Chandler co seu compañeiro de equipo Dirk Nowitzki e co adestrador Rick Carlisle, os cales xunto a Chandler formaron parte do campionato dos Dallas Mavericks na tempada 2010-11 da NBA. Tras acabar o ano en Dallas, en xullo de 2015 firma como axente libre por Phoenix Suns por un total de catro tempadas e máis de 50 millóns de dólares.

  1. Stein, Marc (28 de xullo de 2009). "Sources: Hornets, Cats agree on deal". ESPN Sports (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  2. NAva, Carlos (25 de xuño de 2014). "Mavs recuperan a Tyson Chandler". ESPN Deportes (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]