Saltar ao contido

cabra

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cabra».
Cabras domésticas (rubias) nun curral.
  • Pronuncia: /ˈka.βɾa̯/ (AFI)

Substantivo feminino

cabra (sg: cabra; pl: cabras)

  1. (Gandaría) Mamífero artiodáctilo ruminante doméstico da familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos, Capra aegagrus hircus Linné, de 60 a 70 cm de lonxitude e formas esveltas, con pelaxe curta e áspera, orellas rectas, moi estreitas, cornos ocos, con nós, curvados cara a atrás, cola curta, dirixida cara a arriba, e unha barba de pelos longos debaixo do queixo.
    • Exemplo: Teño un pequeno rabaño dunhas cincuenta cabras.

    • Observacións: A cabra doméstica comprende varias razas que parecen derivar da cabra do bezoar, Capra aegagrus, as de Europa, Asia occidental e norte de África, e o markhor ou cabra de Falconer, Capra falconeri, as asiáticas de pelo longo, Caxemira e Angora.
  2. (Gandaría) Femia desta especie, que é de menor tamaño que o macho, e que ás veces carece de cornos.
    • Exemplo: Temos que levar as cabras ao bode.

  3. (Zooloxía) Nome común que se aplica tamén ás demais especies de mamíferos artiodáctilos bóvidos da subfamilia dos caprinos.
    • Exemplo: Cabra azul. Cabra do bezoar.

  4. (Ictioloxía) Peixe osteíctio perciforme da familia dos serránidos, Serranus cabrilla Linné, duns 35 cm de lonxitude, corpo oblongo, cabeza en forma de cuña, coa boca grande e a mandíbula inferior prominente, con aspecto de mero en miniatura, e coloración que vai de tella a gris amarelada pálida, coa gorxa vermella e o ventre acastañado, e con dúas ou tres raias lonxitudinais de cor amarela rosada ao longo do tronco e a cola, e tres liñas amarelas ou lilas a ambos os lados da cabeza, que vive no Atlántico, até o Mar do Norte, até os 600 m de profundidade, especialmente sobre fondos rochosos.
    • Exemplo: As cabras son peixes moi voraces.

    • Sinónimos: cabuxa.
  5. (Ictioloxía) Nome común doutros peixes pertencentes ao mesmo xénero, especialmente Serranus scriba Linné.
    • Observacións: Ao carecer, de momento, esta especie de nome vulgar galego, poderiamos designalo, para distinguilo de Serranus cabrilla, como cabra escrita, seguindo, en parte, os modelos do francés, serran écriture, e do italiano, schiarrano scrittura.
  6. (Ictioloxía) Nome co que nalgúns lugares designan a varios peixes osteíctios escorpeniformes da familia dos tríglidos, máis coñecidos por escachos, especialmente Eutrigla gurnardus (o crego), Aspitrigla cuculus (o escacho bravo), Trigla lyra (o escacho de altura) e Trigloporus lastoviza (o rubio).
  7. (Ictioloxía) Cabra de altura.
  8. (Ictioloxía) Malarmado.
  9. (Ictioloxía) Escarapote da pedra.
  10. (Ictioloxía) Xulia.
  11. (Ictioloxía) Taberneiro.

Termos relacionados

bode, bóvidos, cabra azul, cabra cega, cabra das Montañas Rochosas, cabra de altura, cabra de altura nórdica, cabra de Falconer, cabra do aire, cabra do bezoar, cabra escrita, cabra montesa, cabra montesa dos Alpes, cabra montesa dos Pireneos, cabra salvaxe, cabrito, cabrón, cabuxa, cabuxo, caprinos, castrón, crego, escacho, escacho bravo, escacho de altura, escarapote da pedra, escorpénidos, malarmado, mero, rubio, serránidos, Serranus, taberneiro, tríglidos, xulia

Traducións

Catalán

Substantivo feminino

cabra (sg: cabra; pl: cabres)

  1. (Zooloxía) Cabra.
  2. (Zooloxía) Araña, cachola, centola.